Sunday 05 de May de 2024

Este venres abre a piscina do Muíño


A piscina municipal do Muíño abrirá as súas portas este próximo venres, 22 de xuño. Así o vén de anunciar o Departamento de Deportes do Concello de Ordes, tras poder levar a cabo as tarefas de mantemento e pintado da instalación, as cales sufriron un retraso debido ás condicións meteorolóxicas. O Concello lamenta as molestias e inconvintes que esta variación poidese ocasionar.

Aquelas persoas interesadas en adquirir o seu carné deben dirixirse ao Departamento de Deportes de 9 a 14 horas. É necesaria unha fotocopia do DNI e unha fotografía tamaño carné. No caso das persoas adultas (de 16 anos en adiante) o custo para todo o verán é de 20 €, e de 12 € no caso das menores. Tamén se poden adquirir por mensualidades, en cuxo caso o prezo será de 12 e 6 € respectivamente. No caso de setembro será de 1,8 e 3,6 €, segundo sexan para menores ou maiores. Os prezos para adquirir entradas por xornadas soltas será de 1,50 € para as persoas adultas e de 1 € para os nenos e nenas.

Tamén está aberto o prazo para os cursos de natación, cuxa idade mínima é de 3 anos. As clases impartiranse nas mesmas instalacións ao longo dos meses de xullo e agosto, tendo de prazo para apuntarse ata o 21 de xuño. O prezo estipulado mensualmente é de 30 € para o grupo con idades que van dos 16 anos en adiante, e de 20 € para as persoas que teñan entre 3 e 15 anos. As clases terán lugar de luns a venres en horario de mañá.

Todas as tarifas reduciranse nun 50% para as familias numerosas.